Cerdedo realiza as probas de selección para cubrir as 8 prazas dos traballadores concedidos pola Deputación
O Concello de Cerdedo realizou o proceso selectivo de persoal para cubrir as 8 prazas dos traballadores concedidos pola Deputación Provincial de Pontevedra a través do Plan de Emprego 2014.
Nas instalacións municipais de Cerdedo realizouse o proceso selectivo para cubrir esas 8 prazas de traballadores desempregados. Ao proceso presentáronse 24 persoas enviadas pola oficina de emprego de Pontevedra tras a presentación da oferta de emprego por parte do ente local. Os requisitos para poder acceder a estas prazas subvencionadas na súa totalidade pola Deputación eran ser maior de 30 anos e non estar a cobrar ningunha axuda familiar nin a prestación por desemprego, a non ser que sexa a prestación mínima que garante os recursos económicos mínimos de subsistencia.
O proceso consistiu nunha primeira fase de valoración dos curriculums e a entrevista que se realizou por parte do tribunal calificador e como novidade realizóuselle aos participantes unha proba práctica relacionada cos contidos do posto de traballo ao que optarán. Espérase que a partir do luns estea valorado e finalizado o proceso e daranse a coñecer os 8 beneficiarios deestos contratos que empezarán a traballar o 21 de abril por un período de 6 meses.
Os traballos que realizarán os desempregados contratados serán de acondicionamento e limpeza das zonas verdes, axardinadas e zonas danadas polos temporais que de forma continua azoutaron Galicia durante o inverno. Traballarán integrados na cuadrilla de operarios municipal e estarán baixo a coordinación do encargado de obras municipal.











