Cerdedo consegue a contratación de 8 traballadores desempregados
O Concello de Cerdedo a través do Plan de Emprego Local deseñado polo equipo de goberno encabezado por José Balseiros,consegue da Deputación Provincial de Pontevedra a contratación de 8 traballadores desempleadosque iniciarán os traballos a partir do 21 de abril tras a realizacióndel correspondente proceso selectivo que marcan as basesreguladoras e que se fará a través da Oficina de Empelo de Pontevedra.
Tras a concesiónde estes traballadores por parte do organismo provincial o equipode goberno dirixido por Balseiros, presentará o luns na Oficina de Emprego de Pontevedra a correspondente oferta de emprego para cubrir as 8 prazas.
A contratación dos 8 traballadores desempregados será para realizar traballos de acondicionamento e limpeza das zonas verdes, axardinadas e zonas danadas polos temporais que de forma continua azoutaron Galicia durante o inverno. Estes contratos terán unha duración de 6 meses tendo como data prevista de inicio o próximo mes de abril; o tipo de xornada será parcial de 25 horas/semanais e categoría de peóns.
O proceso de selección do persoal efectuarase a través da Oficina de Emprego de Pontevedra e os interesados deben cumprir os seguintes requisitos (marcados polas bases reguladoras das axudas):
• Ser desempregado e estar anotado na Oficina de Emprego de Pontevedra.
• Ser maior de 30 anos.
• Non ser perceptor de prestacións ou perceptor de prestacións sociais destinadas a garantir os recursos económicos mínimos de subsistencia (RISGA).
A oficina de emprego de Pontevedra, será a encargada da remisión dos candidatos e do proceso selectivo do persoal. Este persoal será subvencionado na súa totalidade (costas salariais e de seguridade social) pola Deputación Provincial de Pontevedra sen suporlle ningún custo adicional ao Concello.











