Castrelo de Miño dedica a súa feira á nova motobomba municipal
A Feira de Castrelo deste mes de abril, que se celebra este domingo día 27, será a Feira da exposición e demostración da nova motobomba municipal.
O Concello de Castrelo de Miño ten en conta a excelente labor realizada desinteresadamente polos máis de 30 voluntarios de Protección Civil, tanto na parte de prevención e vixiancia dos incendios, como na extinción e pronto auxilio que prestan, polo que as autoridades locais decidiron atender a solicitude feita por esta agrupación, adquirindo unha motobomba forestal de 3.500 litros, con cabina larga para 5 bombeiros, e armarios laterales onde levar todos os traxes e equipamento de extinción. Con isto mellorase o equipamento, gáñase en seguridade e gáñase en velocidade de intervención en caso dun incendio forestal.
E como xa é habitual no recinto feiral do Parque Náutico haberá:
– Máis de 100 postos de comerciantes con todo tipo de Produtos (roupa, calzado, libros, musica, pan e doces, froitas e hortalizas, sementes e viveiros, charcuteria, produtos de alimentación, produtos para a horta, a viña, e a adega…)
– 25 postos de produtos naturais e artesanais de Castrelo de Miño.
– Festival gastronómico cuberto para máis de 500 comensais.