Casting para extras para a rodaxe de “La playa de los ahogados” en Nigrán
O Salón de Plenos municipal acollerá o vindeiro sábado 12 de abril o casting para a selección de extras da película “La playa de los ahogados”, cuxo rodaxe en Nigrán desenvolverase a partir do próximo 5 de maio, e durante seis semanas. O casting comezará ás 10.00 horas e prolongarase até as 20.30 horas, cun parón dunha hora e media para comer, entre as 14.00 e as 15.30 horas.
A produtora busca persoas de todas as idades, principalmente maiores de 16 anos, que teñan ganas de pasar un ou varios días participando nunha rodaxe. Para perfís específicos necesítanse homes e mulleres relacionados co mundo do mar, como pescadores, redeiras, etc., e mozas de entre 16 e 30 anos xogadoras de vóley. Ademais, para a rodaxe de diversas secuencias multitudinarias precisaranse un gran número de persoas de entre 16 e 22 anos e de entre 22 e 80.
O casting será moi sinxelo. Os participantes terán que presentarse no Salón de Plenos municipal no día e os horarios indicados. Alí, facilitaráselles unha ficha para que cubran os seus datos persoais e sacaráselles unha fotografía. Para a localización dalgún perfil específico, preguntarase aos participantes acerca das súas habilidades, afeccións, puntos fortes, etc.











