Cangas reanuda as obras de mellora da rúa David Cal
O concello de Cangas anuncia que estes días se reanudaron os traballos de acondicionamento e mellora da Rúa David Cal en Vilariño.
As actuacións que se están a realizar consisten no ensanche da estrada e a dotación de beirarrúas polos dous lados da carreteira ata a altura do cruce do Viñal. Para a construción das aceiras procedeuse ao derrubamento de varios muros de pechamento grazas á cesión de terreos por parte dalgúns veciños da zona.
O goberno local quere destacar a importancia deste proxecto que permite acondicionar unha das principais vías de acceso á parroquia de Hío, que soporta unha importante cantidade de tráfico sobre todo durante os meses de verán.











