Cangas presenta as “X Xornadas Interculturais”

Presentación das X Xornadas Interculturais de Cangas
Este mediodía presentáronse na Casa da Xuventude as “X Xornadas Interculturais de Cangas” promovidas polas concellerías de Cultura e Servizos Sociais, baixo o lema “ Crecendo na diversidade”. No acto estiveron presentes o concelleiro de Cultura José Luis Gestido e a concelleira de Servizos Sociais Dolores Gallego acompañados de técnicos municipais.
Estas xornadas que se veñen celebrando en Cangas dende fai dez anos, parten da premisa de que a interculturalidade supón o encontro respectuoso entre diferentes culturas compartindo as igualdades e enriquecemdose das diferencias. Por iso é necesario que exista respecto pola diversidade cultural, a tolerancia, o diálogo e a cooperación, nun clima de confianza e de entendemento mutuos, que nos fará crecer como individuos.
Dende as concellerías de Benestar e Cultura queren resaltar que os obxectivos fundamentais destas xornadas consisten en facilitar o encontro entre mulleres e homes de distintas culturas e etrnias, difundir o principio de igualdade entre homes e mullerese dar a coñecer as diferentes experiencias de cooperación e sensibilización.
Nestes dez anos de Interculturalidade pretendeuse achegar á cidadanía de Cangas e do Morrazo diversas experiencias de integración de Galicia e do resto do estado tanto a nivel educativo como a nivel social e experiencias de sensibilización e cooperación a traves da participación en distintas actividades.
Este ano non iba a ser menos e as xornadas contan cun amplio programa de actividades que comezarán o 30 de abril coa “Feira Comercio Con-sentido” que contará cunha carpa instalada na Praza das Pontes na que se dará a coñecer aos asistentes o sistema polo que se rexe o actual mercado, as relacións comerciais entre Norte e Sur e a desigualdade que afecta negativamente cada día a milleiros de persoas no seu intento por fuxir da situación de empobrecemento na que se atopan inmersos. Esta actividade estará dirixida pola mañá aos alumnos de diferentes centros escolares e pola tarda a todos aqueles veciños e veciñas de Cangas que estean interesados en aprender un pouco máis sobre o Comercio Xusto.
A programación destas X Xordanas Interculturais inclúe outros eventos coma a proxección de filmes no Auditorio Municipal de Cangas dirixidos aos escolares, contacontos nos centros educativos ou charlas sobre o Comercio Xusto e a Educación sen Fronteiras e obradoiros de interculturalidade.
Esta previsto que todos os colexios e institutos do municipio participen nesta iniciativa.
Como ven sendo habitual estas xorndas serán clausuradas coa celebración da X Festa Intercultural, que terá lugar na Alameda Vella o día 31 de maio entre as 18:00 e as 22:00 horas. Os asistentes poderán disfrutar de actuacións musicais, contacontos e postos de ONG.
A concelleira de Servizos Sociais Dolores Gallego quixo destacar que “ nunha sociedade na que os medios de comunicación e as tecnoloxías fan que todos esteamos comunicados, no ámbito da educación isto non se ve reflexado. É necesario que os nenos e nenas abran a súa mente e coñezan o resto de culturas. Por iso nacen este tipo de iniciativas que axudan a coñecer e respectar outras culturas”. Pola súa parte o concelleiro de Cultura José Luis Gestido sinalou que dende a institucións públicas é preciso levar a cabo estes proxectos e que “o Concello de Cangas sempre seguirá apoiando estas actividades”. Tamén aproveitou para convidar a todos os cangueses e canguesas a que participen nestas “X Xornadas Interculturais”.











