Cangas inicia oficialmente a Semana Santa coa lectura do pregón
Hoxe tivo lugar na excolexiata de Cangas a lectura do pregón da Semana Santa a cargo do sacerdote de Beluso e natural da vila morracense don José A. Santos Calvar. No templo, abarrotado de fieis tamén estiveron presentes o alcalde de Cangas José Enrique Sotelo acompañados por membros da corporación municipal.
Santos destacou na súa intervención que “a Semana Santa é unha semana triste, onde ocúltanse todas as cousas boas que Deus nos deu”, “celebramos que pese a que os homes deron as costas a Xesús, Deus estaba con Él” engadiu. “Debemos ter coidado, nas nosas mans está manter ou perder o sentido da Semana Santa e quedarnos cunha tradición ou con algo vivo” enfatizou o sacerdote que rematou a súa intervención agradecendo a labor dos voluntarios que fan posibles as festas populares, o comedor social, a visita aos enfermos, …, reivindicando a necesidade de recoñecer á xente que “dan o mellor de si mesmos de xeito desinteresado”.
Con este acto márcase o inicio oficial da Semana Santa canguesa, que comezou co primeiro acto do programa coa celebración da Novena a Xesús Nazareno o pasado 24 de febreiro e que rematará o próximo 20 de abril coa celebración do Domingo de Pascua. A Semana Santa de Cangas está recoñecida como de Interese Turístico Galego.
Concerto
Como peche do acto tivo lugar no templo parroquial a ‘X edición do Concerto de Marchas Procesionais’ coa participación da banda de música ‘Belas Artes’ e das confrarías de Cangas e no que se interpretaron ‘Cordero de Dios’ de Ricardo Dorado, ‘Mektub’ de Mariano San Miguel, ‘Miña Virxe da Saúde’ de Rogelio Groba, ‘Paz Señor’ de Alejandro del Río, ‘Marcah funebre’ do recoñecido compositor polaco Frederich Chopin e por último ‘Mater mea’ composta tamén polo compositor coruñés Ricardo Dorado.











