Campaña de prevención de estacionamentos irregulares en Ferrol
A Policía Municipal de Ferrol desenvolverá ao longo desta semana un programa de seguridade viaria centrado na vixilancia de determinados estacionamentos que, ben polo efecto reiterado de condutas infractoras ou ben polo risco grave de condutas puntuais, inciden de forma relevante no risco de producir un accidente de tráfico. Para elo, a Policía Local realizou unha análise detallada de cada barrio da cidade e concretado os viarios sobre os cales se actuará tendo en conta os seus índices de sinistros e os resultados de campañas anteriores. O obxectivo desta e doutras campañas que está a desenvolver este corpo de seguridade é manter a tendencia decrecente dos accidentes de tráfico.
Por outro lado, a Policía Local de Ferrol vén de abrir unha nova canle de comunicación entre a propia institución e os veciños coa finalidade de facilitar a interacción entre ambos. Para elo recorreuse á rede social Twitter: @ferrol092, a través da cal se poden dirixir suxestións, queixas, incidencias, etc.











