Cambre converteuse na capital do judo co Campionato Provincial desta modalidade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambreDeportes
A-
A+
Campionato Provincial de Judo en Cambre

Campionato Provincial de Judo en Cambre

O pasado día 6 de abril disputouse no pavillon municipal “sofia toro” de Cambre  o Campionato Provincial de Judo en idade escolar coa presenza de 250 judokas chegados da zona norte de Galicia. O Judo Club Cambre participou con 33 inscritos nas diferentes categorías acadando unha ducia de medallas e a clasificación para o campeonato Galego que terá lugar en Arteixo o día 26 de abril e clasificatorio para o Cto. de España de Madrid no mes de maio.

7 de abril de 2014 | 10:59 • Sen comentarios

Comentarios pechados.