Cambados Zona Centro presenta a campaña con motivo do Día da Nai

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+
Presentación da campaña do Día da Nai

Presentación da campaña do Día da Nai

Hoxe a asociación Cambados Zona Centro levou a cabo a presentación da Campaña que con motivo da celebración, o vindeiro domingo 4 de maio, do Dia da Nai. Por tal motivo, a asociación Cambados Zona Centro, pon en marcha un sorteo de 600 euros en vales compra distribuídos en 3 premios: 100 euros, 200 euros e 300 euros.

Para  poder participar no sorteo tan so se precisa cubrir un boleto de participación, que será entregado ó realizar as compras de cara a celebración de dito Dia.

O sorteo realizarase o venres 9 de maio as 13:30 horas no Salón de Plenos do Concello.

O acto estivo presidido polo presidente da Asociación Cambados Zona Centro, Juan Rey e polo Teniente alcalde do Concello de Cambados Antonio Pombo.

Destacar tamén, que ó longo do mes de maio, (os fins de semana de maio a excepción do primeiro), levarase a cabo, en colaboración coa Mancomunidade do Salnés, unha nova edición do concurso de Pinchos. Nesta ocasión, a característica principal será que os pinchos Terán como base o cerco ( Rincha, sardiña, xurelos, etc. Etc..)

Na presente edición cada local participante, terá a disposición dos seus clientes un único pincho, que se servirá ó prezo de 1 euros, e que será co que concurse no Concurso de Tapas.

Os locais participantes nesta edición serán:  O Galo Negro, Bar O Pósito, O Rincón de Noia, Cafetería Thelma, Parador de Cambados, Tapería a Casa da Fonte, A Taberna do Trasno, Pandemonium, A Casa de Miguel, A Dos Piñeiros, Lume de Leña, O Vagoviños e a Vinoteca Ribeira de Fefiñáns.

Como nas edicións anteriores, os clientes terán a súa disposición un boleto no que poderán puntuar os diferentes pinchos e participar nos sorteos que se realizarán ó finalizar o concurso.

21 de abril de 2014 | 17:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.