publicidade hoxe

Cambados reurbanizará cun plan provincial a rúa Rosalía de Castro

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

O goberno municipal acordou aprobar o investimento da Deputación Provincial en catro actuacións con cargo ó Plan Urxente de Mantemento de Servizos e Infraestruturas 2014, que suporá un gasto global de 226.436,58 euros. A reurbanización da rúa Rosalía de Castro é a actuación máis novidosas deste plan.

Mellora das instalacións do club de Piragüismo baixo a escalinata de San Tomé, cun investimento de 60.000 euros. Conleva a restauración da escalinata de pedra que da acceso ó pazo de Montesacro.

Remodelación e modernización da Praza de Abastos, un anticipo de 37.000 euros para este proxecto no que participan catro administracións.

Melloras na rúa Rosalía de Castro, para reurbanizar esta rúa que vai dende o arco da praza de Fefiñáns ata Instituto Ramón Cabanillas, cruce coa avenida do Salnés. As obras implican unha restauración con materiais nobles, cun investimento de 79.856 euros, conforme ó modelo de semipeonalización implantado no Conxunto Histórico.

A xunta de goberno acordou destinar 59.732 euros deste plan provincial ó pago de gastos correntes que neste caso concrétanse nunha factura de Sogma e outra de Celta Prix.

11 de abril de 2014 | 19:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.