Cambados organiza un desfile de moda para exhibir deseños de Eva Soto

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambados
A-
A+

O alcalde, Luís Aragunde, mantivo recentemente unha reunión coa xove deseñadora cambadesa Eva Soto Conde, que nos últimos anos está experimentando unha gran proxección na súa carreira, asidua da Mercedes-Benz Fashion Week de Madrid e gañadora en tres ocasións do Concurso Nacional de Vestidos. Neste encontro tratouse de coordinar a posta en marcha dun desfile de moda en Cambados.

Neste evento Eva Soto exhibirá as súas máis recentes creacións  que espertaron o interese da gran diva da música pop Lady Gaga. A deseñadora tamén prevé amosar coleccións anteriores, realizadas en papel, coma a “Origami” ou “Pajaros en la cabeza”, que lle aportaron gran notoriedade e varios premios  en diferentes pasarelas.

O evento contará cun deseño estético, coidadoso e íntimo e a entrada será de balde ata completar o aforo dun espazo acaído para a ocasión. O Concello encargaráse da montaxe e dos medios técnicos necesarios coa intención de darlle cobertura e impulso a unha das figuras con máis futuro  no panorama da creación de moda.

2 de abril de 2014 | 19:22 • Sen comentarios

Comentarios pechados.