Bueu acollerá os campionatos galegos sub 21 e cadete de taekwondo

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaBueuDeportes
A-
A+

O sábado 12 de abril (10:00 horas) celebraranse en Bueu os Campionatos Galegos cadete e sub 21, que reunirán a máis de 260 deportistas destas categorías e 43 árbitros.

Os campionatos, que se celebrarán no Polideportivo Municipal de Beluso, comezarán as 10 de mañá de forma simultánea. Pola enorme participación a organización veuse obrigada a facer un campión na estrutura do campionato para poder acoller ambos torneos.

Cadete. O Campionato Galego Cadete é o de maior participación polo que ocupará catro dos seis tapices dispostos no pavillón. Na categoría feminina participarán un total de 75 taekwondistas e na masculina hai unha inscrición de 100 deportistas. Será unha competición de gran nivel na que participarán medallistas estatais coma Pilar Rodríguez, Adrián Pombo ou Ainoa García, entre outros.

Sub 21. No Galego sub 21 a participación será menor, polo que se disputará en dous tapices. Na categoría feminina contaremos con 33 deportistas e na masculina con 55. En xogo está a clasificación para o Campionato de España da categoría.

10 de abril de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.