Brión convoca dous cursos de conservas caseiras e de manipulador de alimentos
A alimentación centra o programa formativo organizado polo Concello de Brión para o próximo mes de maio, pois protagoniza dous dous tres cursos convocados: conservas caseiras, manipulador de alimentos e un obradoiro de expresión oral. As inscricións poderán formalizarse na Casa da Cultura, no teléfono 981 50 99 08 ou a través de voluntariado@briondixital.org ata unha semana antes do inicio do curso.
O curso para aprender a realizar conservas caseiras terá lugar o sábado 10 de maio, ao longo de 8 horas lectivas. Terá un custo de 20 euros e son precisas un mínimo de 8 persoas inscritas para a súa realización. O curso de manipulador de alimentos terá lugar o luns 12 de maio no centro social polivalente, de 16:00 a 19:00 horas. A cota de inscrición é de 25 euros e son precisos 10 anotados para s súa realización. Este curso está dirixido a veciños e veciñas interesados en conseguir ou en renovar o carné de manipulador de alimentos, imprescindible para obter traballo en empresas relacionadas coa manipulación de alimentos no sector hostaleiro (camareiros, panadeiros, dependentes de ultramarinos), alimentario, comedores escolares…
Por último, o Concello de Brión convoca un obradoiro de expresión oral, dirixido especialmente a persoas interesadas en adquirir ou incrementar as súas habilidades de cara á realización de actividades de animación. O curso terá lugar ao longo de 8 horas, repartidas nas mañás dos sábados 24 e 31 de maio na Casa da Cultura de Brión e na Sala Municipal de Exposicións. O obradoiro terá un custo de 10 euros e son precisos un mínimo de 12 inscritos para a súa realización.











