“Bicos con lingua”, de Talía Teatro, represéntase no Centro Cultural da Guarda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

Bicos con lingua, é xa un clásico do teatro galego. Estreada o 26 de abril de 2003, superou con creces as 200 representacións. A obra, interpretada por Toño Casais e Artur Trillo, naceu cunha vocación de compromiso coa lingua, buscando a reflexión, pero sempre cun punto humorístico. Os textos, que mereceron os premios María Casares, son de Avelino González, Suso de Toro, Cándido Pazó, Xabier Lama, Manuel Núñez Singala, Ana Iglesias e Marta Etxebarría, e están recollidos no libro Longa lingua. Un dos obxectivos desta obra é facer reflexionar ao espectador sobre a lingua galega, sobre como a tratamos, como a falamos. Sen dúbida un repertorio de luxo para celebrar o noso mes das letras.

28 de abril de 2014 | 19:06 • Sen comentarios

Comentarios pechados.