Barrantes prepara a XLII Festa do Viño Tinto do Salnés con novidades no sistema de catas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaRibadumia
A-
A+

A XLII Festa do Viño Tinto do Salnés comeza os seus preparativos con novidades na organización. Así, a comisión organizadora informou na última reunión mantida onte que as catas, que adoitan dar o pistoletazo de saída a esta celebración, pasarán a realizarse por un panel de catadores único. A totalidade dos viños que se presenten o concurso, setá evaluado por un mesmo xurado formado por 15 ou 17 persoas entre as que figuren viticultores representativos de cada unha das parroquias do Concello. Ademais as catas desenvolveranse nun mesmo lugar, no Centro Social de Barrantes durante a semana do 26 o 31 de maio, deixando as catas finais para o 4 e 5 de xuño, todas elas estarán abertas o público.

Estes cambios xorden como resposta a unha demanda dos participantes de homoxeneizar o sistema de valoración dos viños e os lugares de realizacións. As propostas foron aprobadas pola totalidade dos valedores, a Asociación de Viticultores e a Alcaldesa de Ribadumia, Salomé Peña Muñiz, na última asemblea que celebrou a Asociación.

Mantéñense as normas, como a presentación de seis botellas tipo bordelesa para as catas preliminares os días das propias catas ou o máximo de dous viños por Adega.

Os viticultores de viños autóctonos que queiran participar deberán facer entrega das mostras os días 14 e 15 de maio no Centro Social de Barrantes de 19:00 a 22:00 horas. No caso dos viños tipo Barrantes son os días 21e 22 de maio os acordados para a entrega tamén no Centro Social de Barrantes e de 19:00 a 22:00 horas.

Stands na festa

O Concello de Ribadumia tamén abriu o prazo para que todos aqueles colleiteiros que estean interesados en participar na venta de viño durante a celebración da festa de Barrantes soliciten a súa participación nos stands de venda. Deben pasar polas dependencias municipais ou poñerse en contacto con calquera dos membros da Comisión de Festas antes do próximo día 16 de maio. Como en todas as edicións, os postos de venda de viño situaranse na carpa habilitada na avenida Bouza Martín.

8 de abril de 2014 | 19:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.