Asomamos organiza a VI edición do seu Xantar Anual
A Asociación de Maiores, Pensionistas e Xubilados de Mos organiza o seu VI Xantar Asomamos, que se levará a cabo o domingo 11 de maio no centro Multiusos de Mos, sito nas Pozas s/n- Petelos ás 14.00 horas.
Durante o xantar e a sobremesa animarán o ambiente o Grupo de Gaiteiros de Herville e o cantante teclista Fonsi de Vigo. Tamén se realizarán sorteos e se entregarán agasallos.
O custo desta xornada será de 30 euros por persoa.
Os interesados en participar neste acto poden realizar as súas reservas dirixíndose ó propio local social do que dispón a asociación no Multiusos, solicitándollo ós colaboradores de Asomamos en cada parroquia, ou chamando ós teléfonos 986 334 903, 679 037 299.











