Asime ensina as claves do “lean office”
A Asociación de Industriais Metalúrxicos de Galicia (ASIME) celebrou esta mañá unha Xornada sobre Lean Office ofrecendo unha visión teórico- práctica sobre este sistema de mellora da produtividade da empresa. Asime plasma tamén con esta xornada a súa actitude proactiva como impulsora da mellora das empresas do sector e a súa inquietude por lograr unha maior competitividade nas mesmas en todos os ámbitos.
Este evento, que congregou a máis de medio centenar de persoas, contou cos relatorios de Ignacio Tornos de Inza, Socio Director de Auren e Juan LLoves Guntín, Director Xeral da empresa GKN Driveline, quen ao longo das súas intervencións explicaron este sistema de aplicación do Lean Manufacturing, aos procesos administrativos.
Ignacio Tornos de Inza, Socio Director de Auren, a través dun paralelismo coa música transmitiu a importancia da creación de estándares para a creación de valor. “Si non hai estándar non hai creatividade” sentenciou, e explicou como a través da estandarización é posible a eliminación de despilfarros nos procesos administrativos e a mellora da produtividade. Ignacio Tornos, resaltou tamén, entre os principios básicos do Lean Office o respecto ás persoas, entendendo por respectar, o permitir que as persoas fagan o que máis valor achega, pensar.
Juan LLoves, Director Xeral de GKN Driveline Vigo, explicou na súa intervención a experiencia e vantaxes da aplicación do Lean Office na súa empresa, que foi distinguida co “Excellence Award 2012” como mellor empresa a nivel mundial neste particular no grupo GKN, un grupo que conta con 57 plantas no mundo e con presenza tamén en países como Xapón.
Juan LLoves quixo pór a énfase, sobre todo, na involucración das persoas, porque delas depende o éxito do proxecto. Neste sentido, Lloves referiuse á necesidade de que todos e cada un dos membros da organización sexan partícipes comezando polo líder. “En temas de comportamento, o teu non lle podes pedir aos demais o que o teu non es capaz de facer” sinalou. O Director de GKN Vigo abordou tamén aspectos concretos como a mellora da comunicación, a formación en lean, e a mellora dos procesos por parte do equipo e auditada polo mesmo.











