Asemblea Xeral Ordinaria de Nosa Terra de Pereiras
A Asociación de Veciños Nosa Terra de Pereiras convoca a tódolos socios á vindeira asemblea que terá lugar o próximo domingo 27 de abril, ás 10.00 horas en primeira convocatoria e ás 10.30 en segunda convocatoria.
Na devandita Asemblea Xeral Ordinaria tratarase o balance do 2013, presentaranse os novos proxectos para o presente ano, e renovarase parcialmente a Xunta Directiva.
O lugar no que se realizará será o Local Social “Os Castros”, sito no Camiño de Pazos, 8 Pereiras – 36419 Mos.











