As xornadas de voluntariadoen Vilagarcía para a limpeza de Cortegada rematan coa retirada do lixo
Un equipo de vintecatro voluntarios traballaron esta fin de semana na limpeza de Cortegada a través dunha iniciativa posta en marcha polo parque Nacional Illas Atlánticas e a Dirección Xeral de Voluntariado en na que colaboran o Concello e a empresa Corticata. Durante o sábado e o domingo, os voluntarios dedicáronse a retirar da costa e das praias da illa os residuos arrastrados polos temporais deste inverno, lixo que esta tarde será trasladado ao porto de Carril onde o servizo municipal de limpeza o recollerá para trasladalo Punto Limpo.
As xornadas de voluntariado para a limpeza de Cortegada puxéronse en marcha o pasado ano. A da pasada fin de semana foi a primeira actividade do ano 2014 e contou co atractivo engadido de que os voluntarios puideron pernoctar na illa no casa rehabilitada polo Parque Nacional e que serve de refuxio e albergue para este tipo de actividades. Está previsto realizar máis xornadas de limpeza de forma periódica a partir do mes de xuño.
O obxectivo destas xornadas de voluntariado para a limpeza de Cortegada é, por un lado, manter a illa integrada no Parque Nacional, en perfecto estado de cara á recepción dos visitantes, e, por outro, promover o seu coñecemento por parte daquelas persoas que participan como voluntarios. Deste xeito preténdese dar a coñecer o valor paisaxístico, natural, etnográfico e histórico que ten Cortegada de modo que se potencie a súa conservación e coidado. Ademais, búiscase que tras a experiencia neste emblemático e fermoso entorno natural, os voluntarios, procedentes de diferentes puntos de Galicia, actúen posteriormente como embaixadores de Cortegada promocionándoa alá por onde vaian.
Os 24 voluntarios traballaron o sábado e domingo na illa, repartidos en catro quendas. O seu traballo centrouse nesta ocasión na retirada do lixo e os materiais arrastrados ata a costa da illa nos sucesivos temporais deste inverno. Os ténicos de Corticata que acompañaron ás brigadas e actuaron de guías explicándolles os recursos e historia da illa, comentaron que a cantidade de lixo retirada este ano foi moito maior que na edición anterior debido, precisamente, ao mal tempo dos pasados meses.
En canto ao lixo retirado destacan bolsas de plástico, botellas, redes e madeira, pero tamén os voluntarios tamén se atoparon con desperdicios tan curioso como neumáticos de vehículos, catro depósitos de calefacción e mesmo varias barreiras de plástico das que separan as medianeiras nas autoestradas.
O camión e persoal do servizo municipal de Limpeza acudirá ás seis desta tarde a recoller o lixo ao peirao de Carril, para trasladalo a continuación ao Punto Limpo. Esta xestión faise a través da colaboración da Concellería de Medio Ambiente que dirixe Jesús Longa.











