As oficinas municipais de turismo de Cangas atenderon a 689 visitantes durante Semana Santa
Finalizado o programa de actos relixiosos e festivos con motivo da Semana Santa 2014, o departamento de Turismo do Concello de Cangas fai balance en canto ao número de visitantes que escolleron esta vila morracense como destino para pasar as súas vacación de Semana Santa.
Dende o 11 ó 20 de abril as oficinas municipais de turismo atenderon a 689 persoas, o que supón un incremento do 328% respecto ás 210 persoas do 2013, ano especialmente negativo debido en gran medida a las malas condiciones meteorolóxicas. O 52,83% dos visitantes foron mulleres, sendo homes o 47,17 restante. Por idades o 39% das persoas tiñan unha idade comprendida entre os 35 e os 60 anos, seguidos dos menores de 18 anos que foron o 22%, case a mesma cifra que os turistas con idades comprendidas entre os 18 e os 35 anos que foron o 22%, supoñendo os maiores de 60 anos o 16%.
En canto a procedencia a maioría dos visitantes procedían de distintas puntos de España (403) seguidos polos estranxeiros (148) e por último os galegos (138). Os turistas nacionais viñan maioritariamente de Madrid (34,74%), seguidos de lonxe polos orixinarios doutras rexións como Asturias (15,38%), Castela e León (15,14%) ou do País Vasco (12,9%). Respecto dos estranxeiros o 45,27% foron de nacionalidade francesa estando moi por detrás os holandeses (20,95%), sendo minoritaria a presencia de británicos (6,76%) ou polacos (5,41%) entre outros, facendo un total de 14 nacionalidades diferentes. Entre os galegos o 62% procedían dalgún punto da provincia de Pontevedra, o 22% da provincia de A Coruña, o 11% de Lugo e o 8% de Ourense.
A maioría das persoas que acudiron as oficinas de turismo local (50,22%) estiveron de paso. Entre os que si pasaron a noite en Cangas o 30,32% hospedáronse en hoteis, o 28,3 aloxáronse nun domicilio particular, o 14,3% residen na vila, o 8,7% en apartamentos, o 4,96 en hostais ou pensións, o 3,79% en casas rurais, o 2,33% estiveron de aluguer, o 1,17% preferiron a opción do camping, o 5,54% inclináronse por outras opcións e sen amosar unha preferencia definida o 2,33%.
70% de ocupación
Outro dato a destacar e o 70% de ocupación medio do sector hostaleiro durante toda a Semana Santa destacando especialmente no ámbito do turismo rural no que as cifras aproximáronse ao 100% de ocupación.
A concelleira de Turismo Berta Pérez sinala que estes datos son “moi positivos e significativos tendo en conta o cambio de tendencia que estamos comezando a ter despois de tantos anos de dificultades. A edil tamén quere salientar que dende a concellería de Turismo “seguimos a traballar para colocar a Cangas nunha posición destacada, non so para o turismo nacional, senón tamén internacional”.











