As mellores raquetas nacionais danse cita en Cedeira no XXXIII Campionato de España de Bádminton de Veteráns

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCedeiraDeportesDeportes Portada
A-
A+

A XXXIII edición do Campionato de España de Bádminton sénior dispútase en Cedeira. A competición arrancará este venres, 2 de maio, aínda que a organización prevé que os máis de douscentos xogadores que se estima tomen parte no torneo, así como os moitos seguidores deste deporte, comecen a chegar xa este xoves, 1 de maio. Unha ocasión única para dar a conocer a vila, segundo explica o alcalde de Cedeira, Luis Rubido. E, con esa intención, a Administración local habilitará un stand de turismo no pavillón municipal polideportivo, epicentro da competición.

Non só iso, organizará tamén visitas guiadas aos principais recursos como o casco histórico, San Andrés de Teixido, o Castelo da Concepción, a Garita da Herbeira ou a ermita de San Antonio.

O Campionato de España de Bádminton sénior está organizado polo Club Bádminton Cedeira coa colaboración da Federación galega e da estatal, así como co apoio de Administracións como o Concello, a Deputación provincial e a Xunta de Galicia. Desenvolveráse entre o venres 2 e o domingo 4 de maio e incorpora o sistema de liguilla. O escenario dos encontros será o pavillón polideportivo municipal –con nove canchas- e recurriráse ás instalacións do IES Punta Candieira –a escasos metros– como punto de apoio. A entrada ao recinto deportivo é libre.

Coa elección de Cedeira como sede do Campionato recoñécese a extraordinaria labor que a favor deste deporte leva a realizar o club local, cuxos deportistas nesta categoría atópanse entre os mellores de España.

O domingo, e tras a conclusión de todos os partidos das diferentes finais, procederáse á entrega de premios, que co-presidirán o presidente da Federación Española de Bádminton, David Cabello; o seu homólogo galego, Rodrigo Sanjurjo; o presidente da Deputación Provincial da Coruña, Diego Calvo, e o alcalde de Cedeira, Luis Rubido.

29 de abril de 2014 | 18:00 • Sen comentarios

Comentarios pechados.