As entradas para a festa-homenaxe aos maiores da Laracha xa están á venda nos centros sociais

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Laracha
A-
A+

O Concello da Laracha organizará, un ano máis, a tradicional Festa-Homenaxe aos nosos maiores, un evento que se celebrará o sábado 17 de maio e que estará incluído no programa de actividades para festexar o Día das Letras Galegas e o San Isidro Labrador

A Festa-Homenaxe desenvolverase no pavillón do IES Agra de Leborís. Ás 13.00 horas oficiarase unha misa na propia instalación, a continuación será o xantar e, por último, haberá baile con música en directo.

Para poder participar no evento é preciso adquirir previamente as entradas, que xa están á venda nos centros sociais da Laracha (edificio de servizos múltiples), Paiosaco (centro sociocultural) e Caión (antiga reitoral) ao prezo de dez euros. Poderán adquirilas, presentando o seu carné de identidade, todos os veciños do Concello que sexan maiores de 65 anos de idade, xubilados ou pensionistas.

O Concello da Laracha organiza cada ano este evento co propósito de facer unha homenaxe á terceira idade ao mesmo tempo que se lles ofrece unha alternativa de ocio e unha xornada festiva que poderán disfrutar en compañía de familiares, veciños e amigos, reforzando as relacións sociais entre as persoas maiores do municipio.

6 de abril de 2014 | 12:23 • Sen comentarios

Comentarios pechados.