As empresas interesadas no servizo integral da auga visitaron as instalacións municipais de Cangas
Esta mañá foi realizada unha visita organizada pola Concellería de Medio Ambiente para a inspeccións das instalacións relacionadas co plan de explotación do ciclo integral da auga, dirixida ás empresas interesadas no concurso para a súa explotación.
Ao longo da maña, os representantes das empresas Viacua, Espina y Delfín, Gestagua e Aqualia os depósitos de auga de Coiro e Ourelo, o bombeo de Piñeiro en Darbo, as instalacións da EDAR de Areamilla e o bombeo de Santa Marta que están incluídas no proceso de licitación da xestión do ciclo integral da auga do Concello de Cangas.
A realización destas inspeccións ten como obxectivo que ás empresas interesadas poidan estudiar as características e condicións das infraestructuras existentes na actualidade para que sexan valoradas a hora de elaborar as súas ofertas.
O concelleiro de Medio Ambiente Jesús Graña afirma que esta visita supón un paso máis dentro da fase concursal para a adxudicación da xestión do ciclo integral da auga, que tivo por obxectivo que os candidatos coñecesen as instalacións relacionadas con este servizo.











