“As do peixe” chega ao escenario do Edificio Multiusos de Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioMonforte de Lemos
A-
A+

O vindeiro mércores día 16 de abril, a compañía teatral Abrapalabra Creacións Escénicas S.L, porá en escena no auditorio do Edificio Multiusos a obra “As do peixe”.

“As do peixe” é unha viaxe a través da memoria, unha crónica das mulleres traballadoras da conserva, baseada en testemuñas reais da vida nas fábricas a partir dos anos setenta e contada desde o momento actual.

A obra, escrita por Cándido Pazó, está dirixida por Cristina Domínguez e conta cun elenco artístico de primeiro nivel conformado por Susana Dans, Mónica Caamaño, Casilda Alfaro e Rocío González.

Catro mulleres, Conchi, Begoña, Lisa e Tere, reúnense periodicamente nun espazo público dedicado á memoria das conserveiras. Aquí tratan de relembrar o seu pasado laboral e o de tantas mulleres que, logo de que a fábrica de conservas máis importante da vila pechara, despois de moitas loitas e desenganos, víronse sen traballo e sen posibilidades reais de volver recuperalo. A súa historia, e a de moitas outras mulleres das vilas mariñeiras que quedaron sen traballo, amosan unha realidade: o derrube dunha economía e dun xeito de vivir.

A representación, organizada polo concello de Monforte dentro da Rede de Teatros e Auditorios, levarase a cabo o mércores día 16 de abril ás 20:15 h. no Edificio Multiusos.

O prezo da entrada xeral será de cinco euros. O prezo da entrada para estudantes, parados e xubilados será de tres euros. 

11 de abril de 2014 | 18:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.