As Cancelas acollerá exhibicións de baile tradicional polas festas de San Lázaro
As Cancelas involucrarase nas festas de San Lázaro, barrio no que se atopa situado o centro, acollendo a actuación de tres grupos de baile tradicional formados por nenos de entre 3 e 12 anos.
Na actuación participarán o Grupo Folklórico da Colexiata do Sar, o Raiña Fabiola e o Grupo Folklórico de Vedra. O evento forma parte do programa de actividades enfocadas aos máis pequenos que As Cancelas está a levar a cabo este mes de abril por motivo do aniversario do club infatil o Club de Celi.
Acerca das Cancelas
Copropiedad de Carrefour Property e Realia, As Cancelas foi inaugurado en novembro de 2012 en Santiago de Compostela. Conta con máis de 50.000 metros2 distribuídos en tres plantas: na baixa sitúase un hipermercado Carrefour xunto con outros locais ocupados por firmas de recoñecido prestixio; a primeira planta alberga firmas de moda e complementos; e na segunda atópanse oito salgas de cine e unha ampla e atractiva oferta de locais de lecer e restauración. Ademais, o centro dispón de 2.150 prazas de aparcadoiro gratuítas e tres liñas de autobús urbano que o comunican co centro da cidade: a C2, a C4 e a C11.











