As Cancelas acolle unha exposición de vehículos históricos
As Cancelas será escenario dunha exposición de vehículos históricos da marca Renault que incluirá coches míticos como o Renault 4 CV, o 6 CV, o Renault Alpine, o Caravelle, o Dauphine ou o Renault Fregache.
A exposición poderá visitarse desde o 1 ao 31 de maio e permitirá dar un repaso á historia da marca francesa a través dos seus vehículos máis emblemáticos











