As `canas obradoiristas´, protagonistas da serie Basket Lover da liga Endesa

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesSantiago de Compostela
A-
A+

As “canas obradoiristas”, habitual encontro entre afeccionados do Río Natura Monbus e xogadores do equipo, son as protagonistas dun capítulo da serie Basket Lover, que Endesa colga no portal www.basketlover.es (Twitter \<sent\>basketlover) e que se emite tamén nos descansos das retransmisións televisivas de encontros da liga Endesa.

Neste capítulo, o actor Dani Martínez mantén unha videoconferencia cun amigo –o xornalista radiofónico compostelán Luís Pardo- na que o convida a tomar unhas canas nun bar de Santiago. Ante a súa negativa, insístelle anunciándolle que acudirán xogadores do Río Natura Monbus (Oriol Junyent, Alberto Corbacho, Miki Stobart, Iñaki Sánz e outros) e explícalle que se trata dun costume arraigado tras unha tempada na que o equipo encadeara varias derrotas consecutivas; entón, co fin de levantar a moral dos xogadores, os afeccionados reuníronse cos deportistas para falar de baloncesto nun ambiente relaxado e distendido. A cita gañou arraigamento co paso do tempo.

Entre os afeccionados que aparecen no episodio figuran personaxes populares da televisión, como o actor Víctor Fábregas, ou xogadores históricos do club, como Tonecho Lorenzo.

O capítulo pódese visionar na seguinte dirección:  http://youtu.be/S31kTERhrkI Ademais, nas retransmisións televisivas dos partidos emitirase unha versión abreviada, que no caso de Galicia será en galego.

Endesa lanzou a campaña Basket Lover, na que se inscribe esta serie, coincidindo co inicio da presente tempada da liga Endesa. Na campaña reflíctense historias reais de persoas apaixonadas polo baloncesto como fonte de enerxía da vida real.

10 de abril de 2014 | 15:42 • Sen comentarios

Comentarios pechados.