As Bibliotecas de Cambre celebran o Día Internacional do Libro Infantil co Bookcrossing

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCambre
A-
A+

As Bibliotecas municipais de Cambre levarán a cabo o fenómeno chamado Bookcrossing coa liberación de cinco libros en cada unha das tres bibliotecas. Cada un deses días, ao final da sesión do Moucho Leroucho, explicarase aos nenos e nenas asistentes que  é bookcrossing, que obxectivos ten e cómo se realiza. Sortearemos, servíndonos das invitacións do Moucho, para ver que nenos e nenas son os encargados de liberar os 20 libros das Bibliotecas Municipais. Liberación dos libros: Os libros podense liberar onde se queira: na escola,  polideportivos,  marquesinas de autobús,  parques,  cabinas de teléfono…

Quenes “cacen” e lean os libros, deberían poñelos de novo en liberdade:

As persoas que atopen ou “cacen” un libro, poden escribir na páxina http://www.bookcrossing.com o código que o libro levará escrito nunha pegatina. Por exemplo, así:  www.bookCrossing.com/722-10448278. Desta maneira poderemos coñecer o diario de viaxe de cada libro liberado. Se non sabes o que é bookcrossing, consulta a páxina http://www.bookcrossing.com. Podes obter moitas ideas para organizar o obradoiro.

1 de abril de 2014 | 16:47 • Sen comentarios

Comentarios pechados.