As 28 vivendas de promoción pública construídas no Bertón, en Ferrol, foron sorteadas e asignadas polo IGVS

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaFerrolLocal Portada
A-
A+

O Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS) realizou esta semana o sorteo de asignación de 24 vivendas de promoción pública construídas no Bertón, en Ferrol. No sorteo, realizado entre os adxudicatarios das vivendas, asignouse a cada adxudicatario a vivenda que lle corresponde en función da composición familiar e a superficie da mesma.

Rematado o sorteo, os adxudicatarios puideron visitar a vivenda que lles correspondeu.

A distribución das vivendas é a seguinte:

• 5 vivendas de 2 dormitorios, cunha superficie útil que vai dos 68,45 m2 aos 69,65 m2 22 vivendas de 3 dormitorios cunha superficie útil que vai dos 82,65 m2 aos 87,25 m2
• 1 vivenda de 4 dormitorios cunha superficie útil de 99,90 m2, adaptada para o seu uso por persoas con mobilidade reducida.

Todas contan cun rocho e unha praza de garaxe.

Ademais o edificio conta con tres locais comerciais de entre 31 e 35 metros cadrados cada un.

Todas as vivendas contan con vestíbulo, sala de estar-comedor, cociña, tendedeiro, lavadoiro, cuartos de aseo, e os correspondentes dormitorios.

Polo que respecta á memoria construtiva, os principais aspectos son os seguintes:

• Cimentación e estrutura de formigón armado.
• Cerramento exterior composto por revestimento monocapa, folla de
• termoarxila, cámara de aire, illamento de poliestireno extrusionado, folla de ladrillo oco dobre
• a tabicón e lucido de xeso.
• Carpintería exterior de aluminio lacado con rotura de ponte térmica e vidro dobre.
• Carpintería interior chapada en madeira de carballo.
• Revestimentos interiores de pintura plástica lisa en paredes e teitos e azulexado nas paredes
• dos cuartos húmidos.
• Pavimentos con plaquetas de gres nos cuartos húmidos e de tarima flotante no resto das
• estancias.
• Instalación de fontanería con tubos de polipropileno ou polietileno reticulado segundo diámetros.
• A rede de saneamento interior é de PVC.
• Grao de electrificación básico das vivendas.
• A instalación de auga quente sanitara é individual para cada un dos portais. A instalación esta formada por paneis solares na cuberta con apoio de caldeiras de gas natural.
• Instalacións de captación dos sinais de radio e tv, rede de telefonía básica e porteiro automático.
• Dous ascensores, un por portal.
• Cociña equipada con mobles baixos e encimeira con vitrocerámica e fregadeiro.

Unha vez realizado o sorteo de asignación das vivendas, realizarase o estudo económico, en función dos ingresos de cada adxudicatario e a vivenda que lle correspondeu, fixándose o prezo ou alugueiro mensual que corresponde a cada un.

Os adxudicatarios recibirán dito estudo económico, no que se lles indicará a vivenda que lles corresponde e o prezo do alugueiro, unha vez realizados os posibles descontos, así como instrución sobre os trámites a realizar antes da entrega de chaves.

O IGVS investiu máis de tres millóns de euros na construción das 28 vivendas, edificadas nunha parcela urbanizada por Xestur. Otras 24 vivendas de promoción pública foron construídas tamén no Bertón e serán obxecto dun novo sorteo entre adxudicatarios.

12 de abril de 2014 | 12:49 • Sen comentarios

Comentarios pechados.