Artefacto Salnés presenta a exposición “Son de Cambados”
A cuarta edición da mostra Artefacto Salnés, que se inaugura o venres no pazo de Torrado, está integrada por obras de artistas cambadeses ou vinculados fortemente a Cambados.
Trátase dunha exposición multidisciplinar que inclúe traballos de pintura, debuxo, escultura, fotografía, literatura e, este ano como novidade, tamén moda.
Traballos de alumnos do IES Ramón Cabanillas
Obradoiros de fotografía: Jose Luiz Oubiña e Quico Álvarez
Obradoiro Xan Galván
Artistas Invitados:
Manolo Paz (escultura)
Eva Soto Conde (moda)
Xaquín Chaves (pintura)
Uxío López (pintura)
Lino Silva (pintura)
Héctor Quintela (debuxo en tinta)
Emérita Méndez (pintura)
Xulio Gayoso (artista gráfico, banda deseñada)
Lois Magariños (artista conceptual que traballa coa semiótica)
Iria Ribadomar (pintura)
Textos sobre o panorama artístico de Cambados desde os anos 70 ata hoxe: Manolo Chazo, Ramón Caride, Begoña González, Augusto Chaves.











