Arranca o Consello Sectorial de Benestar Social de Cambre
O Concello de Cambre convoca hoxe a 17 asociacións, sete representantes políticos, e cinco veciños que participan de forma individual para constituir o I Consello Sectorial de Benestar Social cumprindo así cos órganos de participación recollidos no Regulamento de Participación Cidadá. Ademáis, como invitados a este I Consello acudirán a Cruz Vermella, APEM, Fundación ADRA, ademáis de varios técnicos municipais. A constitución terá lugar hoxe ás 20.00 horas en Villa Concepción. Entre os puntos a tratar neste primeiro encontro destacan a propia constitución do Consello Sectorial de Benestar Social, a aprobación, se procede, da proposta de regulamento interno do Consello Sectorial de Benestar Social, a elección das persoas que asumirán a vicepresidencia do Consello e a representación do mesmo no Consello Xeral de Participación Cidadá e a exposición da memoria 2013 e das liñas de actuación da Concellaría para o 2014.
O Consello é un espazo de debate e encontro entre o movemento asociativo do sector, partidos políticos e veciñanza, co obxectivo de fomentar e promover o benestar social e comunitario do Concello de Cambre. Haberá unha quenda de intervencións para recoller a valoración e opinión das entidades e persoas participantes. Este debate pecharase identificando temas para abordar, ao longo de 2014, en próximas xuntanzas do Consello Sectorial de Benestar Social











