publicidade hoxe

Arcos da Condesa, en Caldas de Reis acolle esta fin de semana a III BTT Pedra da Cruz

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCaldas de ReisDeportes
A-
A+

Un ano máis, por iniciativa particular, organízase en Arcos da Condesa a BTT Pedra da Cruz, que xa vai pola súa terceira edición. Dende a organización creemos que este ano será o da consolidación da proba que sin contar directamente con ningún tipo de axuda económica por parte das administracións públicas se está a facer un nome moi importante no seu terreo.

O que empezou como unha xuntanza de amigos estase a converter no máis grande evento deportivo-cultural do Concello de Caldas, xa que sen desmerecer a ningún outro, poucos eventos atraen a esta localidade pontevedresa tal cantidade de participantes e acompañantes (chegados de localidades dispersas pola xeografía Galega, Asturias, e Cantabria e Portugal), o que fai que os establecementos da localidade tamén vexan incrementada a súa actividade. Incluso os responsables da explotación do Local Social Pino Abuelo en Arcos da Condesa, manifestaron na primeira edición da proba que para eles supoñía un grande impulso.

A organización está moi orguiosa de que camiños e pistas que eles mesmos recuperaron cos seus propios medios, nas primeiras edicóns, a día de hoxe se manteñen abertos porque os propios veciños tamén os utilizan e porque se foi formando un hábito de que durante todo o ano moitos ciclistas percorren o noso monte, tanto unha como outra circunstancia fan que o monte se manteña máis limpo, con menos incendios e por tanto máis san.

En canto á proba explicar que serán aproximadamente uns 42 km por tramos xa utilizados nas pasadas edicións pero que sin dúbida calquer participante atoparase con varias sorpresas agradables xa que quixemos como cada ano facela diferente dentro das posibilidades existentes.

10 de abril de 2014 | 11:37 • Sen comentarios

Comentarios pechados.