Apertura o prazo para solicitar as subvencións municipais a entidades culturais, deportivas e educativas de Lousame

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLousame
A-
A+

O Boletín Oficial da Provincia (BOP) da Coruña publica hoxe as bases da convocatoria municipal de subvencións dirixidas ás asociacións culturais, clubs deportivos, entidades educativas e deportistas individuais que promove o Concello da Laracha.

O programa deste ano está dotado con preto de 120.000 euros, nunha renovación do compromiso do goberno local cos obxectivos de fomentar o asociacionismo e a organización e realización de actividades ou actos considerados de interese xeral para a poboación do Concello a Laracha ao longo do ano 2014.

As entidades e deportistas individuais que desexen optar a ser beneficiarias destas axudas teñen a partir de mañá trinta días naturais para formalizar a súa solicitude, rematando o prazo o vindeiro día 26 de maio.

Os tres apartados de actuacións subvencionables que se recollerán na convocatoria corresponderán á promoción de actividades educativas  (accións a realizar nos centros educativos públicos da Laracha), culturais (entendendo por elas calquera acción referida á conservación, promoción e divulgación dos valores culturais) e deportivas (actividade dos clubs e desenvolvemento de cursos, competicións, campus e calquera actividade relacionada co fomento de calquera disciplina deportiva).

O cuarto apartado é o dirixido a apoiar aos deportistas individuais máis destacados do municipio a través dunha achega económica dirixida a colaborar nos gastos das viaxes ou da adquisición e o mantemento do seu material de competición. Neste caso, á hora da concesión da subvención valoraranse os éxitos persoais de cada deportista logrados nos diferentes ámbitos xeográficos.

25 de abril de 2014 | 17:27 • Sen comentarios

Comentarios pechados.