Apertura do prazo para inscribirse no programa Benestar en Balnearios
O Concello de Nigrán informa a convocatoria da Consellería de Traballo e Benestar do programa Benestar en Balnearios 2014, un programa dirixido a maiores de 65 anos, e de 60 anos si reúnen a condición de pensionistas. Este ano a Xunta de Galicia convoca un total de 589 prazas en balnearios do catro provincias na modalidade de “todo incluído”, correndo o desprazamento por conta dos beneficiarios. O prezo inclúe aloxamento e manutención en réxime de pensión completa durante 10 días e 9 noites.
As solicitudes deberán presentarse acompañadas da fotocopia do DNI do solicitante e do cónxuxe ou acompañante, se procede, declaración responsable das condicións de saúde, cartón sanitario e datos económicos.
As persoas interesadas en participar destes programas deberán presentar a solicitude no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Nigrán, até o 6 de maio, previa cita, no teléfono 986 365 00, extensión 4.
Así mesmo, o Concello de Nigrán adianta que a principios de maio está prevista a apertura do prazo de solicitudes para o programa de vacacións do IMSERSO.











