Apertura do prazo de preinscripción para “Bo día familia” e “Verán divertido” no Carballiño
Dende a Concellería de Igualdade e Benestar Social infórmase aos pais e nais que dende o día 7 de abril ata o 12 de maio se abre o PRAZO de PREINSCRIPCIÓN para o PROGRAMA MUNICIPAL DE CONCILIACIÓN “BO DÍA FAMILIA 2014/2015” e “VERÁN DIVERTIDO 2014”
Este programa está destinado ós nenos e nenas de 3 anos (escolarizados) a 12 anos. Estará dirixido por persoal técnico da Área de Igualdade e Benestar Social especializado en temas educativos. Preténdese facilitar á ciudadanía do Carballiño a conciliación da vida persoal, laboral e familiar. Así como, contribuír á educación en hábitos alimenticios sans, normas básicas de hixiene, respecto, tolerancia, convivencia e educación en igualdade.











