Apertura do prazo de inscrición para o taller gratuíto sobre emprendemento e participación xuvenil na Coruña

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Coruña
A-
A+

O Concello da Coruña, a través da área de Cultura que dirixe Ana Fernández, informa da celebración dun Taller de ideas, realizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, en colaboración coa Concellaría de Educación, Deportes e Mocidade do Concello da Coruña. Impartirase o 21 de abril no Fórum Metropolitano.

Este taller pretende ser un elemento impulsor da participación dos mozos e ten como finalidade apoiar iniciativas innovadoras e potenciar o tecido asociativo xuvenil da cidade. Está dirixido a mozos, asociacións xuvenís ou grupos informais, que prevexan presentar propostas no marco do programa Iniciativa Xove, ou noutros programas similares de participación xuvenil, e que busquen mellorar as súas competencias e destrezas en canto a redacción e execución de proxectos. Tamén se dirixe a técnicos vinculados coa mocidade e, en xeral, a calquera colectivo interesado en programas de participación xuvenil.

Entre os contidos que se desenvolverán neste taller destacan os seguintes:

-Desenvolvemento de proxectos de participación xuvenil.

-Financiamento.

-Análise de proxectos (Método DAFO).

-Redacción de proxectos.

-Planificación.

A inscrición é gratuíta e realizarase até o 14 de abril na web www.coruna.es/nex. Pódese obter máis información póndose en contacto co Centro Municipal de Información Xuvenil, a través do teléfono 981 184 294 , ou a través do email cmix@coruna.es.

7 de abril de 2014 | 19:08 • Sen comentarios

Comentarios pechados.