Apertura do prazo de inscrición no curso de Monitores de Futbol Base en Monforte

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaMonforte de Lemos
A-
A+

O concello de Monforte e a Escola Galega de Adestradores de Futbol organizan un Curso de Monitor de Futbol Base que se desenvolverá na cidade do Cabe e que comezará o próximo dia 28 de abril.

O prazo de inscrición xa está aberto ata completar prazas, e as persoas interesadas poden informarse na Oficina Municipal de Deportes, situada nas Casiñas da Compañía, de luns a venres e de 9:00 a 14:00 horas.

A carga lectiva será de 65 horas, desenvolvéndose as clases teóricas no Pavillón Municipal da Pinguela e as clases prácticas no Campo Municipal de Fútbol Luis Bodegas.

Nas bases que se xuntan a esta información figuran as maneiras de realizar a inscrición, así como a distribución das xornadas lectivas e toda a información sobre o curso. O prezo deste curso é de 150 €, sendo preciso contar cun número mínimo de 30 alumnos/as para que poda realizarse.

Dende a concellería de Deportes lémbrase que, a partir da tempada 2015-2016, será preceptivo contar con título para adestrar nas categorías de futbol base.

O diploma que obterán as persoas que realicen este curso con proveito habilitaraos para entrenar equipos federados ata a categoría cadete (non incluidas a liga galega infantil, liga galega cadete e cadete división de honor).

8 de abril de 2014 | 19:05 • Sen comentarios

Comentarios pechados.