Apertura do prazo de inscrición da I edición “A Guarda Doce”

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA Guarda
A-
A+

O Concello da Guarda abre o prazo para que os establecementos interesados presenten as súas solicitudes na Oficina de Turismo ata o luns 5 de maio.

Este nova cita nace coa finalidade de promocionar e comercializar os doces e sobremesas das confeitarías,  pastelarías e panadarías nun espazo diferente do seu establecemento habitual.

A Guarda Doce terá lugar na Alameda durante a fin de semana do 31 de maio e 1 de xuño, ó longo do día, de 11:00 a 21:00  h. Os establecementos participantes  amosarán ó público as súas elaboracións máis tradicionais e tamén as novas creacións nun entorno de festividade cunha programación de interese para nenos e maiores. 

Están convidados confeiteiros, pasteleiros e panadeiros  do Baixo Miño ou do distrito de Viana en Portugal. Deste xeito, A Guarda Doce adquire unha dimensión internacional onde os asistentes gozarán dunha diversa oferta. Tamén poderán establecementos que ofrezan alimentos artesáns.

23 de abril de 2014 | 17:32 • Sen comentarios

Comentarios pechados.