Apertura de inscricións para un curso de “Iniciación á Botánica” no IEM

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaGondomar
A-
A+

Apertura de inscricións para un curso de “Iniciación á Botánica Práctica” a cargo do profesor Xosé Ramón García (IEM). O seu obxectivo é adquirir un coñecemento básico sobre as distintas especies vexetais e familias de plantas do Val Miñor. Cada sesión constará dunha presentación teórica (ata 45 minutos) seguida dun descanso de 5-10 minutos e unha parte práctica (aprox. 45 minutos)

Data: 21, 22, 28 e 29 de abril (20,00 horas)

Lugar: Aula de Cultura Ponte de Rosas (Avenida da Feira, Nº 10, baixo, Gondomar)

Prazas: 16 persoas

Prezo: 15 euros

Os interesados deben inscribirse a través do correo oficina@minhor.org. Tamén poden facelo na Aula de Cultura Ponte de Rosas de luns a venres de 18 a 22 horas. Para máis información no teléfono 986 360 575 de luns a venres de 18 a 22 horas. A lista de inscritos confeccionarase por rigoroso orde de inscrición ata esgotar as prazas.

Xosé Ramón García Martínez (Pontevedra, 1950) é membro da Xunta de Goberno do IEM e director da Sección de Xeiras. Exerceu como catedrático de Bioloxía e Xeoloxía no IES do Castro (Vigo). Simultaneou durante moitos anos esta actividade docente coa recollida de información botánica no campo, resultado da cal son unha trintena de publicacións das que é autor ou coautor. Entre as súas obras de divulgación botánica podemos citar: Pequena flora de Galicia (1979), Guía de plantas con flores de Galicia (Xerais 1991) e Guía de Plantas de Galicia (2008).

3 de abril de 2014 | 19:46 • Sen comentarios

Comentarios pechados.