Animar ao Santiago Futsal ten premio

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaSantiago de Compostela
A-
A+

O Santiago Futsal xogará este venres uno dos partidos máis importantes desta tempada ante Peñíscola Adegas Dunviro ás 21h no Multiusos Fontes do Sar e consciente da importancia do apoio da súa afección, decidiu sacar un prezo popular para acudir a este encontro.

Así, haberá unha entrada a prezo único de 5€ para todos aqueles afeccionados que queiran animar e apoiar ao Santiago Futsal neste último tramo da tempada, no partido decisivo para continuar con opcións na súa clasificación para o play-off polo título. Ademais, os nenos e nenas menores de 13 anos entrarán gratis e non deberán retirar entradas, do mesmo xeito que os abonados, que entrarán totalmente gratis presentando o seu abono.

As entradas poderán adquirirse en venda anticipada na Xoiaría Kotshka (Praza Vermella, 8) até o mesmo día do partido e todos aqueles que retiren a súa entrada na tenda, entrarán no sorteo dun reloxo valorado en 300€. As entradas tamén estarán á venda nas oficinas do club no horario habitual de 10h a 14h e de 17h a 20h, e en despacho de billetes o mesmo día do partido a partir das 20h.

 

8 de abril de 2014 | 18:51 • Sen comentarios

Comentarios pechados.