Ángel Currás defende a demarcación xudicial de Santiago

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaSantiago de Compostela
A-
A+

O alcalde de Santiago, Ángel Currás, defendeu en rolda de prensa a demarcación xudicial da cidade, anunciando que está disposto a falar con quen sexa para que non se lesionen os intereses de Compostela. En rolda de prensa, Currás lembrou que o partido xudicial de Santiago abarca 26 municipios e 274.366 habitantes, cunha carga de litixiosidade importante e polo tanto, ben dimensionado.

Asemade lembrou que o partido xudicial de Santiago de Compostela é dinamizador económico da capitalidade do partido e que neste caso está constatado que ten unha dimensión adecuada.

7 de abril de 2014 | 13:34 • Sen comentarios

Comentarios pechados.