Andrés Túñez desvincúlase do Beitar de Xerusalén e do Real Club Celta

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaDeportesVigo
A-
A+

O Real Club Celta, o Beitar de Xerusalén e o xogador Andrés Túñez acordaron hoxe a rescisión do contrato do xogador co club israelita, ao que chegou cedido durante o pasado verán. O Real Club Celta e Andrés Túñez chegaron tamén a un acordo para a rescisión do contrato do futbolista, quen xa se desvinculou da entidade celeste.

O club quere expresarlle a Túñez o seu máis sincero agradecemento pola súa entrega, profesionalidade e implicación durante as moitas tempadas nas que defendeu a camiseta celeste, desde o xuvenil até o primeiro equipo.

O central foi unha peza moi importante tanto no ascenso do equipo a Primeira División como no logro da permanencia conseguido a pasada campaña, dúas tempadas nas que exhibiu, como nas anteriores, un enorme grao de compromiso.

O Real Club Celta deséxalle ao xogador un gran éxito na súa nova etapa profesional.

24 de abril de 2014 | 20:58 • Sen comentarios

Comentarios pechados.