publicidade hoxe

Alfonso Rueda destaca en Boiro a importancia da innovación no sector primario para gañar en competitividade

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaA CoruñaBoiroLocal Portada
A-
A+
Alfonso Rueda na visita á factoría Jealsa Rianxeira

Alfonso Rueda na visita á factoría Jealsa Rianxeira

O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, destacou hoxe a importancia da innovación no sector primario para gañar en competitividade e liderado aproveitando o valor dos nosos recursos naturais.

Alfonso Rueda visitou hoxe a sede central da Factoría Jealsa-Rianxeira en Boiro para coñecer de primeira man o funcionamento da sede central dunha compañía líder no sector.

O sector conserveiro na nosa comunidade a dia de hoxe representa o 85 por cento da produción de conserva e semiconserva de pescado e marisco a nivel estatal. Galicia é pioneira neste sector no que se mantén sempre á vangarda de exemplo de aproveitamento do potencial no sector primario grazas tamén ao valor dos nosos recursos naturais.

Así, o sector da conserva é paradigmático da Estratexia de Especialización Intelixente RIS3 que vén de avalar e eloxiar o comisario europeo Johannes Hann, no que a Innovación así coma a internacionalización das nosas empresas e dos nosos produtos, é un dos eixos fundamentais.

Jealsa-Rianxeira

O grupo Jealsa a aglutina a 24 sociedades, repartidas en catro áreas de actividade, que son a alimentación, pesca e servizos, medio ambiente e enerxía. Dá emprego a máis de 2.500 traballadores en España.

Na fabricación de conservas de pescado e marisco, Jealsa produce máis do 40 por cento das conservas de atún que se consumen en España, grazas a ser interprovedor dunha das cadeas líderes da distribución nacional.

2 de abril de 2014 | 16:31 • Sen comentarios

Comentarios pechados.