Aixa, finalista de “Tú sí que vales”, amenizará o baile para maiores en Neda

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaNeda
A-
A+

O Baile para Maiores que cada semana organiza o Concello de Neda no Centro Cívico da localidade contará cunha sorpresa especial o próximo venres, 25 de abril. E é que a actuación en directo que acompaña a velada correrá a cargo da cantante betanceira Aixa Romay, finalista na pasada edición do coñecido concurso televisivo “Tú sí que vales”. Unha voz moi especial que encandilou ao xurado e que confía en facer o mesmo este venres, a partires das seis da tarde.

E, como vén sendo habitual, os maiores que acudan ao baile non só disfrutarán de boa música e baile senón tamén de sabrosos pinchos para que as forzas non decaian.

23 de abril de 2014 | 10:55 • Sen comentarios

Comentarios pechados.