Ainhoa Arteta visita o auditorio municipal de Ferrol na xornada previa ao recital que ofrecerá ante unhas 800 persoas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaCalendarioFerrolLocal Portada
A-
A+
Ainhoa Arteta na visita ao auditorio de Ferrol

Ainhoa Arteta na visita ao auditorio de Ferrol

O Auditorio de Ferrol volverá encherse de público cando mañá venres, día 4 de abril, abra de novo as súas portas para o concerto da prestixiosa soprano Ainhoa Arteta, programado para as 20.30 horas. O alcalde Jose Manuel Rey Varela e o concelleiro de Cultura, Manuel-Reyes García Hurtado, estiveron esta tarde con Ainhoa Arteta no escenario ao que se subirá mañá, na que será a primeira actuación de Ainhoa Arteta na cidade e que suporá o inicio do ciclo “Ferrol en clave lírica” elaborado pola Concellería de Cultura para o Auditorio Municipal.

Rey Varela agradeceu á que hoxe en día é a soprano española de maior recoñecemento internacional o seu interese en cantar por primeira vez en Ferrol e facelo no novo Auditorio, que no cuarto día en que abre as súas portas rexistrará o cuarto cheo. As máis de 800 butacas do recinto tamén se ocuparon na súa totalidade con motivo da celebración institucional das Pepitas, a Gala XX Aniversario de Down Galicia e o tradicional Concerto de Bandas de Semana Santa. “É unha satisfacción e un logro de todos que Ferrol poida acoller por fin grandes concertos como o que será o que ofrecerá mañá Ainhoa Arteta; e isto é posible porque a cidade ten xa un gran contenedor cultural como é este Auditorio”.

Pola súa banda, a soprano manifestou sentirse moi contenta de estrearse en Ferrol, cidade en que nunca antes actuou. Así mesmo, manifestou a súa admiración polo Auditorio Municipal, do que dixo que “simplemente a primeira vista e ao comprobar a súa estética con moita madeira xa podo aventurar que ten unha acústica perfecta”. 

Ainhoa Arteta cantará acompañada ao piano por Marino Niccoli e o programa do recital é a seguinte:

– “Azulao” de Jaime Ovalle.

– “A ti” de Jaime León.

– “Modinha” de Jaime Ovalle.

– “O menino doente” de Oswaldo Lacerda.

– “La rosa y el sauce” de Carlos Guastavino.

– “Danza de la moza donosa” de Alberto Ginastera.

– “Cinco canciones negras”, de Xavier Montsalvatge – “Cuba dentro de un piano”, “Punto de Habanera”, “Chévere”, “Canción de cuna” e “Canto negro” -.

– “Baladas italianas” de Isaac Albéniz – “La lontananza”, “Una rosa in dono”, “Il tuo sguardo” e “Moriró!!!”-.

– “Tres canciones de Valldemosa” de Antón García Abril – “Agua me daban a mí, “A pie van mis suspiros” e “No por amor, no por tristeza”-.

– Canciones de Enrique Granados: “La maja de Goya”, “El majo tímido” e “El majo discreto”.

– E cancións de Joaquín Turina: “Los dos miedos” e “Cantares”.

Servizo de autobuses

Con motivo deste concerto de Ainhoa Arteta -que supón o inicio do ciclo “Ferrol en clave lírica” que tamén traerá ao Auditorio os barítonos Juan Jesús Rodríguez (14 de xuño)  e Borja Quiza (18 de outubro)- o Concello de Ferrol habilita un servizo de autobuses lanzadeira que farán o traxecto dende a praza de Galicia até o Auditorio. O público que asista este venres ao concerto de Ainhoa Arteta terá a súa disposición autobuses que sairán una hora antes do inicio do evento  da praza de Galicia –a partir das 19.30 horas-; así como servizo de regreso dende o Auditorio até a praza de Galicia ao remate do concerto, a partir das 22.00 horas e até as 23.00 horas. Son autobuses gratuítos e os usuarios dos mesmos soamente terán que presentar a súa entrada.

Ainhoa Arteta, a grande cantante española dos nosos días, cantará no Auditorio de Ferrol tralo seu recente éxito en Italia con “Tosca” de Puccini. A intérprete tolosarra, que ademais presenta en TVE-2 o programa “El Palco”, dará en Ferrol o seu único concerto programado en Galicia, cun recital no que ofrecerá un repaso polo mellor da canción lírica española con acompañamiento pianístico.

3 de abril de 2014 | 19:45 • Sen comentarios

Comentarios pechados.