Agustín Fernández vese avalado polo criterio do PSdeG sobre a inclusión de imputados nas listas

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaLocal PortadaOurense
A-
A+
Europa Press

O alcalde de Ourense, Agustín Fernández, se ve avalado polo criterio do PSdeG sobre a inclusión ou non de imputados -situación na que el mesmo se atopa neste momento- na confección das listas electorais.

Manifestouno tras ser preguntado polas declaracións do secretario xeral do PSdeG, José Ramón Gómez Besteiro, sobre o papel dos militantes na decisión de levar candidatos imputados nas listas, despois de presentar o programa de actividades da capitalidade cultural do Eixo Atlántico que ostenta Ourense en 2014.

Fernández precisou que o criterio “que está a aplicar o PSOE”, en relación ao seu caso, ao de edís imputadas en Ourense, é coñecido e respecta a presunción de inocencia, de forma que o límite está na existencia de xuízo oral ou que se fixen medidas preventivos. “En todo caso, se o secretario xeral dixo iso, confirma o criterio que quedou establecido no partido”, concretou.

O rexedor resaltou que foi chamado a declarar como imputado. “Isto non é máis que unha fase do procedemento xudicial no que che chaman a declarar con avogado para que teñas os máximos dereitos, aínda que non haxa a máis mínima responsabilidade criminal, e non sería lóxico que alguén teña que dimitir ou que non poida ir a unhas eleccións por iso”, remarcou.

Sobre as declaracións de Besteiro, o alcalde interpretou que se refería á selección de candidatos que se faga con primarias. “E se os electores queren vetar a quen estea imputado, este podería verse prexudicado pero iso é o proceso de primarias, o máis democrático de todos, e se os que votan queren penalizar a quen estea imputado nese momento, isto verase reflectido nas eleccións”, reflexionou.

28 de abril de 2014 | 19:43 • Sen comentarios

Comentarios pechados.