Adxudícanse as obras de ampliación do abastecemento a Lugo por 4,3 millóns de euros
O Ministerio de Agrigultura, Alimentación e Medio adxudicou as obras de ampliación do abastecemento de auga a Lugo por 4,3 millóns de euros.
O consello de administración da sociedade estatal Aguas das Cuncas de España (Acuaes) realizou a adxudicación este luns. O 80% será financiado polo ministerio, mediante fondos propios de Acuas e fondos Feder europeos, mentres que o Concello de Lugo achegará o 20% restante.
O prazo de execución é de 14 meses e as obras completarán o sistema de abastecemento da cidade e dos núcleos do ámbito, co que se garantirá a subministración a unha poboación de 93.000 habitantes.
O proxecto, segundo detalla o ministerio, pechará o anel hídrico que rodeará a cidade, co que co que “se conseguirá mellorar o sistema de presións de toda a rede e aumentar a garantía de subministración”.











