Actividades centradas no Día do Libro e a Pascua na programación infantil do C.V arousa
Aprender a comer froita de forma divertida, a decorar galletas con orixinais figuras de Pascua ou a crear os seus propios contos e marcapáginas son algunhas das actividades das que poderán gozar os máis pequenos, desde este sábado até o próximo día 26, a partir das 17:00 h., na Sala de Xogos da 2º planta do Centro Comercial Arousa.
A programación infantil arrincará mañá, sábado día 5, cun taller de Cociña divertida e saudable, que ten como obxectivo inculcar aos nenos a importancia para comer froita na súa dieta diaria, así como de transmitir a idea de que a súa inxesta tamén pode ser moi divertida. Os máis pequenos participarán na preparación dunha apetitosa merenda, elaborada a base de creativas brochetas de froitas, e que acompañarán con outros ingredientes como nata ou chocolate, que, a modo de elementos decorativos e incorporados con moderación, poden ser moi útiles á hora de eliminar o seu rexeitamento inicial a comer froita. Ao finalizar, participarán en entretidos xogos de animación.
A repostaría será a protagonista da proposta do sábado día 12, na que os nenos se converterán en pasteleiros e aprenderán todos os trucos para decorar con fondant galletas de Pascua, que despois poderán levar a casa.
Actividades centradas no Día do Libro
Co obxectivo de impulsar o hábito da lectura entre os máis pequenos, o centro desenvolverá tamén diversas actividades relacionadas coa celebración do Día do Libro.
Así, o sábado 19 levará a cabo un taller dedicado á Edición de contos no que os nenos escribirán, ilustrarán e encadernarán o seu propio relato, o que fomentará a súa imaxinación e creatividade. A continuación, terán a oportunidade de coñecer os xogos cos que se divertían os seus avós, participando nunha sesión de xogos tradicionais como o pañuelito ou o xogo das cadeiras.
O venres 25, ás 19:00 h., e na planta baixa, terá lugar a representación do conto musical O Gato con botas, dirixida a todos os públicos.
Narrada polo vilagarcián Benito Romeu, a ambientación instrumental da historia correrá a cargo de sete profesores da Escola Municipal de Música de Vilagarcía –Laura Yanes (frauta); Jorge Ortal (violín); Javier España (saxo alto); Jesús Nogueira (trompeta); Alberto Estévez (baixo eléctrico); María Galbán (teclado); e Víctor Costa (batería e multipercusión)-, que serán os encargados de mergullar ao espectador no mundo fantástico que expón o relato.
A banda sonora, do compositor italiano Angelo Sormani, foi adaptada para a ocasión polo director da Escola, Jesús Nogueira.
O sábado 26 os nenos confeccionarán, dirixidos polo creativo gráfico Juan Juste, coloridos e enxeñosos marcapáginas, que lles axudarán a coñecer en todo momento onde detiveron a lectura dun libro.











