publicidade hoxe

Acondicionamento dos pavillóns dos Tilos e de Calo mediante diferentes obras de mellora

PUBLICADO EN: Noticias de GaliciaTeo
A-
A+
Tarefas de acondicionamento

Tarefas de acondicionamento

A obra de maior calado acometida nestes días nos pavillóns municipais efectuouse no pavillón de Calo. Trátase do pintado da pista polideportiva, moi necesario polo desgaste que sofre o pavimento coa continua utilización desta instalación. Neste pavillón de Calo tamén se colocaron novas portas e se repararon outras das xa existentes. Así mesmo, tamén se acondicionou o mobiliario do interior dos vestiarios mediante o seu lixado e pintado.

Pola súa banda, no pavillón dos Tilos, centrouse a reparación na súa cuberta, arranxando goteiras que permiten evitar estas filtracións tan molestas e perigosas para a práctica deportiva. Igualmente, cambiáronse e arranxáronse algunhas das portas deste pavillón. Estes traballos veñen a completar unha obra que se realizou no pasado mes na cal se colocou un zócalo na grada como medida de seguridade para evitar posibles caídas á pista.

Para o concelleiro de Deportes, Anxo Rey, quen visitou as obras no día de hoxe “era necesario acometer estas obras de reparación para dispoñer dunhas infraestruturas deportivas municipais acordes ao alto índice de ocupación e de utilización ao que están sometidas”.

Cabe destacar, que se están apurando ao máximo estas obras co fin de aproveitar o descanso vacacional provocado pola Semana Santa para interferir o menos posible nas actividades deportivas habituais nestas instalacións.

15 de abril de 2014 | 18:56 • Sen comentarios

Comentarios pechados.